A PlayStation Store oferta numerosos xogos de PS4 a menos de 20 euros
venres, 20 de xaneiro do 2017
A
PlayStation Store está a renovar as súas ofertas, facilitando a superación da
costa de xaneiro, de xeito que até o 2 de febreiro ofrecerá
unha chea de xogos para PlayStation 4 por prezos que non chegan aos 20 euros,
o que supón un xeito económico de poder gozar de moitas horas de diversión,
incluÃndo xogos destacados como Call of
Duty: Advanced Warfare Gold Edition, Assassin’s
Creed Syndicate, The Heavy Rain &
Beyond Two Souls Collection entre outros.
AÃnda que xogos como Street Fighter V ou Assassin’s Creed Syndicate baixan dos
20 euros polos pelos, cun prezo de 19,99 euros, outros xogos son moito máis
asumibles, de xeito que podemos facernos con Dark Souls II por 14,99 euros, Rayman Legends e Saint Seiya: Soldiers’ Soul por 12,99
euros, God of War III Remasterizado por 9,49
ou Let’s Sing 2016 por só 8,99 euros, prezos
que convencerán a moitos indecisos que dubidaban da compra destes xogos a prezo
completo.
Adicionalmente tamén hai unha grande selección de xogos independentes e para
PS3 e PS Vita até o 8 de decembro.