A PlayStation Store inicia unha nova campaña de rebaixas
mércores, 8 de outubro do 2025
As tendas dixitais de videoxogos teñen perÃodos de descontos frecuentes, para fomentar a compra, que non sempre atenden ao calendario, como é a nova campaña que emprenden na PlayStation Store chamada Player’s Choice na que están a ofrecer unha ampla selección de xogos a prezo reducido por tempo limitado.
Nesta ocasión podemos atopar aventuras premiadas, clásicos de culto e franquÃas populares, como NBA 2K26 a 55,99 euros (o que supón un desconto do 33%), Gears of War: Reloaded a 29,99 euros, Call of Duty: Black Ops 6 a 43,99 euros, o Grand Theft Auto V de PS5 a 19,99 euros, o sorprendente Clair Obscur: Expedition 33 por 44,99 euros, Gran Turismo 7 a 39,99 euros (o que supón un desconto do 50%), Indiana Jones y el Gran CÃrculo a 63,99 euros, It Takes Two a 11,99 euros (70% de desconto), Mortal Kombat 1 pa 16,49 euros, Hogwarts Legacy a 14,99 euros, o lote de xogos da serie Star Wars Jedi a 22,49 euros (75% de desconto), Tekken 8 a 29,99 euros, Star Wars Outlaws a 39,99 euros (50% de desconto), God of War Ragnarök a 29,39 euros (58% de desconto) e moitos outros ata sumar máis de 1.700 xogos e numerosos complementos para os mesmos.
