A PlayStation Store inicia as súas rebaixas de xaneiro

xoves, 24 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Onte destacamos que os usuarios das plataformas de videoxogos de Xbox e Steam xa podían gozar dunhas atractivas ofertas de Nadal, e dende Sony non quixeron quedar atrás, e hoxe inician as súas Rebaixas de Xaneiro, de xeito que xa podemos mercar as edicións descargables de xogos para PlayStation 4, PlayStation 3 e PlayStation Vita, así como numerosas películas a prezos reducidos.
Entre as ofertas máis destacables estarían Metal Gear Solid V: The Phantom Pain para PS4 por 44,99 euros, a edición de luxo de FIFA 16 para PS4 por só 34,99 euros, Call of Duty Black Ops III por 49,99 euros e incluso un dos grandes éxitos da tempada, Rocket League (o xogo dos futcoches) por 11,99 euros.
Outras ofertas interesantes que podemos atopar serían xogos para PS4 como The Evil Within a 14,99 euros, Transformers: Devastation por 19,99 euros, a edición definitiva de Sleeping Dogs por 11,99 euros (10,79 para usuarios Plus), Evolve por 14,99 euros ou Mad Max por 34,99 euros (31,49 euros para usuarios Plus).

Vídeo promocional das rebaixas de xaneiro da PlayStation Store

PUBLICIDADE