A PlayStation Store inicia as rebaixas de primavera

mércores, 1 de abril do 2020 Marcus Fernández

Até o vindeiro 29 de abril a PlayStation Store celebrará as súas rebaixas de primavera, que comeza con grandes ofertas que inclúen a grandes lanzamentos como Star Wars Jedi: Fallen Order, FIFA 20, Mortal Kombat 11, Days Gone e moitos outros, que contan con descontos de até o 60%, resultando esta promoción especialmente oportuna, xa que durante o confinamento por mor da pandemia os videoxogos están a disparar o seu uso, e facilitar a adquisición de títulos en formato descargable a bo prezo animará a moitos a ampliar a súa colección de xogos para PlayStation 4.
Dende hoxe podemos atopar ofertas como FIFA 20 a 27,99 euros, Star Wars Jedi: Fallen Order a 39,99 euros, Grand Theft Auto V a 13,99 euro, a edición de luxo de Assassin’s Creed Odyssey a 24,99 euros, Death Stranding a 39,99 euros, a edición definitiva de Red Dead Redemption 2 a 34,99 euros, Mortal Kombat 11 a 24,99 euros, Resident Evil 2 a 19,99 euros, The Witcher 3 a 9,99 euros, God of War a 19,99 euros, Bloodborne a 14,99 euros, Dragon Ball FighterZ a 14,99 euros, DOOM a 7,99 euros, The Last of Us Remastered a 9,99 euros e moitas outras promocións que renovaranse o vindeiro día 15 con outros xogos.
Tamén hai descontos nunha selección de películas de PlayStation Video.

Vídeo promocional das rebaixas de primavera da PS Store

PUBLICIDADE