A PlayStation 5 poderÃa vender 7,6 millóns de unidades até marzo
mércores, 28 de outubro do 2020
Ante a
chegada da PlayStation 5,
consola que chegará ás tendas o 19 de novembro, crearon
un anuncio que homenaxea o desexo humano de superar os lindes e acadar o
extraordinario, ou sexa, que fan un chamamento ás emocións en vez de
presumir de caracterÃsticas técnicas que pouco dirÃan á meirande parte dos
consumidores.
Este vÃdeo promocional chega xusto despois de que Sony renda contas do seu
último trimestre fiscal, dando
a coñecer detalles como que até o 30 de setembro a PlayStation 4 vendeu
113,5 millóns de unidades, conseguindo superar amplamente os datos da
PlayStation 3 (que vendeu 87,4 millóns de unidades en toda a súa vida), pero
moi lonxe dos 155 millóns de PlayStation 2 que se venderon no seu dÃa. Tamén
resulta evidente que a proximidade dunha nova xeración erosiona as vendas da
actual, vendéndose no último trimestre só 1,5 millóns de PS4, mentres que no
mesmo trimestre de 2019 vendéronse 2,8 millóns de unidades e en 2018 vendéronse
3,9 millóns.
Pero as malas vendas da PS4 só son o anticipo dunha boa estrea da PlayStation
5, que nos
EE.UU. xa rexistrou tantas reservas en 12 horas como a súa predecesora en 12
semanas, ou sexa, que poderÃa ter pasado o millón de consolas encargadas,
sendo a grande dúbida se Sony poderá atender a tan elevada demanda inicial.
Dende Bloomberg van un pouco máis aló, e aseguran que Sony
prevé vender 7,6 millóns de consolas PlayStation 5 antes o remate do vindeiro
mes de marzo, que é cando remata o ano fiscal. Estes datos poden sorprender
ante o feito de que os prezos de lanzamento das novas consolas non son especialmente
baixos (aÃnda que os analistas aseguran que Sony perderá cartos con cada
consola vendida, como vén a ser habitual no inicio de cada xeración para Sony) e
chegan cunha economÃa deprimida por mor da pandemia.
Curiosamente a pandemia pode lerse de dous xeitos diferentes no sector pois, se
ben o poder adquisitivo dos consumidores cae, tamén é certo que o lecer
electrónico é máis económico que as actividades de entretemento tradicionais, e
tamén é a principal alternativa ante o confinamento da poboación, polo que os
consumidores están máis receptivos a investir en videoxogos que no pasado.
Novo anuncio da PlayStation 5