A PlayStation 4 terá unha edición limitada de Uncharted 4
xoves, 4 de febreiro do 2016
Os usuarios de PlayStation 4 poden reservar
dende esta semana o xogo Uncharted 4: El
Desenlace del Ladrón, pero os seareiros das aventuras de Nathan Drake
que aínda non se fixeran cunha consola de Sony de nova xeración terán tamén a
partires do vindeiro 27 de abril unha excelente oportunidade para mercar a
consola xunto co desexado xogo de Naughty Dog, xa que estará dispoñible unha
edición limitada da PS4 con disco duro de 1 TB que presentará unha aparencia
gris azulada coa figura do protagonista do xogo gravada no seu exterior, así
como un mando da consola con cores a xogo.
Nesta consola tan especial podemos ver o logotipo de PlayStation, o logotipo de
Uncharted e a frase “sic parvis magna” (a grandeza chega dos comezos pequenos)
en letras douradas, que é a frase que Drake leva gravada no seu anel. Unha
consola moi especial para todos os que queren despedirse desta grande saga que
marcou especialmente a vida da PlayStation 3 e que foi quen de sobrevivir á
anterior xeración de consolas coa cabeza ben alta.
Vídeo de presentación da edición limtada da PS4 comercializada co gallo do lanzamento de Uncharted 4