A PlayStation 4 sae á venda no Xapón

luns, 24 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

O primeiro comprador xaponés da PS4 xunto a Andrew House e Hiroshi Kawano

As consolas de nova xeracións non só están a sorprender por vender moito máis do agardado, senón tamén polo seu calendario de lanzamentos, xa que é a primeira vez na que Europa e EE.UU. reciben a nova consola de Sony antes que o Xapón, e aínda que na pasada campaña de Nadal xa puidemos ver a nova PlayStation 4 nas tendas do noso territorio, non foi ata o pasado sábado cando apareceu nos estantes dos establecementos nipóns, onde espérase que se esgoten todas as unidades dispoñibles, disparando os resultados comerciais da PS4 (que xa vendeu 5,3 millóns de unidades sen estrearse no seu propio territorio) podendo chegar aos 6,5 millóns de consolas vendidas ao peche do mes que vén.
A estrea da PS4 no Xapón estivo acompañada por inmensas colas nas portas das tendas que dispoñían da consola, que adiou en boa medida a máquina para poder contar cun bo catálogo de xogos destinados ao público nipón (finalmente completou un catálogo de 27 xogos) con títulos como Dynasty Warriors 8: Xtreame Legends, Yakuza Ishin e Onigiri, así como a apertura da beta para PS4 de Final Fantasy XIV: A Realm Reborn (en breve tamén abrirase a beta ao xogo de Capcom Deep Down).


Anuncio xaponés do lanzamento da PlayStation 4

PUBLICIDADE