A PlayStation 4 ofertarase co xogo FIFA 15 por tempo limitado

martes, 23 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Sony está a anunciar que dende o 25 de setembro e até o 3 de outubro estará vixente unha atractiva promoción para os que queiran dar o salto á nova xeración de consolas, xa que ofertarán a nova PlayStation 4 co xogo FIFA 15 por só 399,99 euros, cando normalmente os lotes de PS4 + xogo teñen un prezo de 449,99 euros.
Esta promoción busca facilitar que os novos xogadores de PS4 poidan gozar dun dos grandes títulos do anos ou, cando menos, dun dos xogos que máis horas engancharán aos usuarios para xogar en rede, converténdose nun deses imprescindibles para moitos xunto coas distintas entregas de Call of Duty, polo que estamos ante un éxito garantido que permitirá gozar das bondades da nova xeración de consolas. De feito, a última entrega de FIFA, pese a que tamén terá versións para as consolas da anterior xeración, nestas últimas edicións non contará coas grandes novidades anuais, limitándose a ser unha sinxela revisión da edición do ano anterior, o que pretende ser un incentivo para apostar pola versión de nova xeración, que progresará especialmente en realismo, facendo cada vez máis doado que os usuarios se somerxan na acción.

PUBLICIDADE