A PlayStation 4 estreará a súa realidade virtual en outubro a un prezo de 399,99 euros

martes, 15 de marzo do 2016 Marcus Fernández

No marco da celebración da Game Developers Conference presentouse finalmente a versión comercial da PlayStation VR, a solución de realidade virtual de Sony para a súa PlayStation 4, da que confirmáronse as súas especificacións e detallouse que sairá á venda en outubro a un prezo de venda ao público de 399,99 euros aos que habería que engadir o prezo dunha cámara para a consola (imprescindible para o funcionamento desta tecnoloxía).
Temos así a que posiblemente sexa a tecnoloxía de realidade virtual para as masas, xa que sería a máis económica para o ámbito doméstico, superando sobradamente as limitadísimas solucións baseadas en smartphones, pero ofrecendo un nivel de calidade moi inferior ao das solucións baseadas en ordenadores persoais de alta gama (polo mero feito de que a potencial dunha PS4 non pode compararse ao dun ordenador que custe máis de 1.000 euros). Mantendo esta solución de realidade virtual nun rango de prezo semellante ao dunha consola de videoxogos será moito máis doado que o público se arrisque a subirse ao carro da realidade virtual, que converteríase nunha ampliación da experiencia PlayStation.
Agora xa coñecemos a aparencia externa que terá a PlayStation VR, o deseño de súa caixa e todo o contido da mesma, quedando como grande promesa o feito de que xa hai máis de 230 desenvolvedores creando contidos para esta tecnoloxía, confiándose en que haxa máis de 50 títulos de realidade virtual antes de rematar o ano e, para comezar con bo pé, os usuarios poderán descargar de balde dende o primeiro día o Playroom VR, unha aplicación que incluirá 6 xogos para poder gozar con amigos e familiares da realidade virtual e, de feito, considérase como un demostración do que pode ofrecer esta tecnoloxía. A PlayStation VR tamén incluirá un disco con demostracións de experiencias xogables para este accesorio da PS4.
Entre as especificacións desveladas sobre a PlayStation VR temos que estaría baseada nun casto de realidade virtual con seguimento do momento en 360 graos que basea a visualización nunha pantalla OLED Full HD de 5,7 polgadas que ofrecería un cambio de visión duns 100 graos e tería unha latencia de menos de 18 milisegundos, o que danos a entender que pode achegarse bastante aos seus principais competidores no que ao visor se refire (Oculus Rift e HTC Vive coinciden en optar por pantalla OLED cunha resolución de 2.160 x 1.200 píxeles), pero quedaría en peor lugar na tecnoloxía que sosterá os mundos virtuais nos que introducirse (xa que a potencia da PS4 está moi lonxe da dun PC de alta gama), o que posiblemente non sexa un grande problema, xa que temos que ser conscientes que en ambos casos estarmos ante a primeira xeración comercial desta tecnoloxía, que ten moito espazo para mellorar, non só a nivel técnico, senón tamén como reacción ao feedback que darán os usuarios, xa que aínda non se saben os tipos de usos e contidos que trunfarán nos contornos virtuais que non só ofrecerán xogos inmersivos, senón que tamén abrirán a porta a novas experiencias.

Sony detallou na GDC os contidos da caixa das PlayStation VR

Vídeo no que se anuncia a data de lanzamento da PlayStation VR

PUBLICIDADE