A PlayStation 4 estrea aplicación para ver HBO España

martes, 18 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Nunha semana na que HBO España está a xogarse moito xa que se estrea a nova tempada de Game of Thrones, o que pode ser un importante reclamo para novos clientes, chega unha agradable sorpresa para moitos consumidores que ao non contar cun Smart TV de Samsung (dispositivos que están a recibir a aplicación oficial de HBO) tiñan dificultades para poder gozar do servizo de vídeo baixo demanda no seu televisor: HBO España estrea aplicación para PlayStation 4.
Deste xeito os subscritores de HBO poderán gozar do contidos contratados por 7,99 euros ao mes a través da súa consola de videoxogos, o que é un dos xeitos máis cómodos de gozar de contidos audiovisuais no salón e, de feito, as consolas de videoxogos hai tempo que son reprodutores de moito peso no principal servizo da competencia, Netflix.
A aplicación de HBO para PS4 ofrece as series en 720p e 1.080p e presenta unha interface equivalente ás aplicacións de HBO para anteriores plataforma, incluíndo todas as súas eivas que radican no feito de non estar deseñada para o seguimento de series de televisión, senón de contidos atómicos, de xeito que resulta bastante frustrante o proceso navegación para a localización dos episodios a reproducir.

A aplicación de HBO España para PS4 presenta unha interface semellante ao da app móbil ou a versión web do servizo
Os contidos de HBO España están dispoñibles en 720p e 1.080p

PUBLICIDADE