A PlayStation 4 con 2 grandes xogos ofértase co gallo do Black Friday

mércores, 23 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Aínda que de cara ao Nadal hai moitas tendas que de cara a ofrecer aos consumidores unha consola PlayStation optan pola nova PS4 Slim, dende Sony quixeron aproveitar o Black Friday para ofrecer unha porta de entrada máis asumible e economicamente rendible, de xeito que a través de numerosas cadeas comercializadoras ofrecen un lote coa PlayStation 4 con disco duro de 500 GB e os xogos Call of Duty: Infinite Warfare e Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón a un prezo de só 279 euros.
O interesante desta promoción non é só conseguir unha PlayStation 4 Slim a un prezo asumible, senón que a consola veña acompañada por a derradeira aventura de Nathan Drake (considerado o xogo máis importante da consola até o momento) e a última entrega de Call of Duty (que é un dos xogos máis vendidos en cada campaña de Nadal), de xeito que combínase un título cunha grande historia que pode gozar en solitario (aínda que tamén conta con modo de xogo en liña) e un dos títulos que habitualmente congrega a máis xogadores competindo en liña.
Cómpre lembrar que estes días tamén hai importantes descontos na tenda dixital de PlayStation, polo que é un bo momento para facerse coa consola de Sony.

PUBLICIDADE