A PlayStation 4 baixa de prezo

mércores, 21 de outubro do 2015 Marcus Fernández

As consolas de videoxogos de nova xeración están a axustar os seus prezos de cara a campaña de Nadal e, aínda que a meirande parte dos establecementos prefiren completar as consolas con xogos adicionais para facer máis atractiva a súa compra, os modelos básicos tamén queren facilitar a entrada nas novas consolas e así temos que Sony fixo oficial unha rebaixa de prezo que xa estaban a aplicar algunhas tendas, de xeito que agora é oficial que a PS4 de 500 GB custa 349,99 euros.
Actualmente a PS4 pode mercarse en numerosos packs, incluíndo títulos como Uncharted: The Nathan Drake Collection, Batman: Arkham Knight, Destiny: El Rey de los Poseídos, Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, Star Wars Battlefront ou Call of Duty: Black Ops III, e aínda que o prezo con xogo tende a ter un prezo próximo aos 400 euros, non será sorprenderte ver como moitos destes lotes chegan incluso a ofrecerse ao prezo do modelo básico como reclamo de cara á campaña de Nadal.

Netflix na PlayStation 4

Adicionalmente Sony tamén está a dar conta que a súa consola está preparada para Netflix, de xeito que é un magnífico xeito para acceder á plataforma de vídeo baixo demanda que botou a andar esta semana, e que nas consolas de videoxogos ten un dos mellores xeitos de achegarse ao televisor do salón.

Vídeo no que Sony destaca que Netflix está dispoñible a través das consolas PlayStation

PUBLICIDADE