A PlayStation 3 estará dispoñible en 2 novas cores

luns, 4 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

O terceiro deseño da PlayStation 3 chegou ás tendas españolas en cor branca a semana pasada, e para continuar a mellorar a diversidade cromática da consola doméstica de Sony, confirman agora que a partir do vindeiro día 20 tamén vai estar dispoñible o seu modelo con 500 Gb de disco duro en 2 novas cores: vermello e azul. As consolas incluirán un mando Dual Shock 3 da mesma cor que a carcasa da PlayStation 3.
Resulta curioso o feito de que estas novas cores de PS3 anunciáranse previamente no Xapón, pero que vaian chegar alí unha semana despois que a España e nun modelo de menor capacidade (250 Gb).

PUBLICIDADE