A PSPgo inclúe por tempo limitado 10 xogos descargables e un reintegro de 50 euros

martes, 17 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A mala resposta comercial da consola portátil de Sony sen unidade de disco (UMD) levou a Sony a lanzar unha promoción coa que a consola inclúe de balde entre os meses de abril e setembro a descarga de balde de 10 xogos da PlayStation Store, ao que hai que engadir unha nova promoción acumulable que vai do 15 de agosto ao 30 de setembro, e que consiste no reintegro mediante transferencia bancaria de 50 euros, de xeito que teriamos que finalmente a PSPgo tería un prezo final de 199,99 euros, o que supón unha excelente ocasión para facerse con este dispositivo, que ten as súas virtudes, aínda que saíu a un prezo de venda excesivamente elevado para unha consola portátil, e cuns xogos descargables co mesmo prezo que as súas edicións físicas (o que non parece un bo negocio para o usuario, que non pode revender os xogos adquiridos ou mercar títulos uns meses despois do seu lanzamento para poder aproveitar substanciais rebaixas).

PUBLICIDADE