A PSP terá un paquete co novo Metal Gear Solid: Peace Walker
xoves, 21 de xaneiro do 2010
A saga de Metal Gear Solid é unha das que ten máis
peso para Sony, e o feito de que o seu creador, Hideo Kojima, estea involucrado
na creación do novo xogo Metal Gear
Solid: Peace Walker para PSP (a primeira vez que participa na creación dun
xogo para unha consola portátil, pese a que xa existÃan tÃtulos anteriores da
franquÃa para esta plataforma) é garantÃa de éxito, polo que prepáranse para un
grande lanzamento do xogo no Xapón o vindeiro 18 de marzo, que virá
acompañado por paquetes especiais da consola portátil de Sony (que
posiblemente tamén poñan á venda en Europa, ante a expectación que está a
causar o xogo).
Deste xeito, por 26.980 iens (209,36 euros) poderase mercar unha PSP cunha
copia do xogo, unha funda, unha correa e un pano de limpeza, mentres que os
consumidores que paguen 36.980 iens (286,96 euros) poderán facerse cunha
edición limitada de 1.974 unidades que tamén incluirá un soporte para a
consola, dúas chapas identificativas e
un libreto.