A PS5 Pro chegará con máis de 50 xogos optimizados
martes, 5 de novembro do 2024
Este xoves chega oficialmente ao mercado a PS5 Pro, consola que promete desatar o potencial dos xogos de PlayStation 5 ao permitir que poidan gozar tanto de gráficos nÃtidos como dunha elevada velocidade de refresco, en contraste co que acontece coa consola básica, que en moitos tÃtulos permite que o xogador escolla entre un modo detalle ou un modo rendemento.
AÃnda que está claro que os novos xogos que se lancen para PlayStation 5 aproveitarán o potencial gráfico da PS5 Pro, queda a dúbida do ben que correrÃan os xogos actuais, e para xerar confianza entre os posibles compradores da nova máquina, veñen de publicar unha listaxe de máis de 50 xogos que estarán optimizados dende o dÃa de lanzamento da nova consola.
A relación de xogos que aproveitarán a potencia da PS5 Pro dende o primeiro dÃa é a seguinte: Alan Wake 2, Albatroz, Apex Legends, Assassin’s Creed Mirage, Baldur’s Gate 3, Call of Duty: Black Ops 6, EA Sports College Football 25, Dead Island 2, Demon’s Souls, Diablo IV, Dragon Age: The Veilguard, Dragon’s Dogma 2, Dying Light 2 Reloaded Edition, EA Sports FC 25, Enlisted, F1 24, Final Fantasy VII Rebirth, Fortnite, God of War Ragnarök, Hogwarts Legacy, Horizon Forbidden West, Horizon Zero Dawn Remastered, Kayak VR: Mirage, Lies of P, Lords of the Fallen (2023) , Madden NFL 25, Marvel’s Spider-Man Remastered, Marvel’s Spider-Man: Miles Morales, Marvel’s Spider-Man 2, Naraka: Bladepoint, NBA 2K25, No Man’s Sky, Palworld, Paladin’s Passage, Planet Coaster 2, Professional Spirits Baseball 2024-2025, Ratchet & Clank: Rift Apart, Resident Evil 4, Resident Evil Village, Rise of the Ronin, Rogue Flight, Star Wars: Jedi Survivor, Star Wars: Outlaws, Stellar Blade, Test Drive Unlimited: Solar Crown, The Callisto Protocol, The Crew Motorfest, The Finals, The First Descendant, The Last of Us Part I, The Last of Us Part II Remastered, Until Dawn, War Thunder, Warframe e World of Warships: Legends.