A PS4 terá versión en cor ouro e prata

martes, 6 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Tras coñecerse que nos EE.UU. ían pór á venda unha PS4 slim en cor dourada, pouco tardaron en confirmar que tal modelo de consola chegaría tamén a Europa, pero destacando que faríao por partida dobre, de xeito que hoxe anunciaron que teremos edición limitada de PS4 Gold e PS4 Silver, ou sexa, versión da consola delgada de Sony en cor dourada e prata respectivamente. Tamén confirman que será posible adquirir edicións limitadas dos mandos DUALSHOCK 4 Gold e DUALSHOCK 4 Silver.
Aínda que nos EE.UU. a edición dourada da PS4 slim tiña 1 TB de disco duro, aquí teremos que conformarnos con 500 GB de capacidade, chegando estes modelos ás tendas o vindeiro día 28, coexistindo nos establecementos cos modelos Jet Black (negro) e Glacier White (branco), de xeito que quen merque unha nova consola terá unha boa oferta de cores para elixir.

PUBLICIDADE