A PS4 terá un modelo en cor branca

martes, 10 de xaneiro do 2017 Marcus Fernández

O vindeiro día 24 chegará ás tendas europeas un novo modelo de consola PlayStation 4 con disco duro de 500 GB, que destaca pola súa cor branca glaciar, de aí que se coñeza a esta versión da consola de Sony como PS4 Glacier White. A nova máquina vén acompañada por un mando DUALSHOCK 4 da mesma cor, e terá un prezo de venda ao público recomendado de 299 euros.
Con esta nova consola temos que a nova PS4 (lembremos que a PS4 actual sería o equivalente a unha PS4 slim) xa non estará dispoñible na súa cor Jet Black, senón que conta cunha versión ordinaria en branco, para que os consumidores que consideren que a nova cor casa mellor coa decoración do seu fogar teñan posibilidades de elección.

Vídeo promocional da nova PS4 en cor branca

PUBLICIDADE