A PS4 terá edición en cor branca a finais de ano

xoves, 10 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Aínda que tradicionalmente as consolas de videoxogos de Sony destacan pola súa cor negra, de cando en vez lanzan edicións especiais en cores alternativas que poden resultar bastante atractivas e rechamantes, sendo especialmente curiosas as edicións en cor branca (máis propia de Nintendo ou Microsoft), pero finalmente si poderemos gozar dunha PlayStation 4 branca en Europa, xa que venderase xunto co xogo Destiny a partires do 9 de setembro, pero os que non estean interesados en tal título terán tamén a opción de mercar a PS4 branca de xeito independente, segundo confirmou Shuhei Yoshida nunha entrevista a un medio francés, ao que asegurou que o modelo branco da súa consola doméstica poderá adquirirse a finais de ano en Europa.
O modelo brando da PS4 incluirá unicamente a consola, un mando DualShock 4 de cor branca e un cupón para poder gozar do servizo PlayStation Plus durante 30 días, agardándose que teña o mesmo prezo que unha PS4 ordinaria. Como vén a ser habitual neste tipo de modelos de consola, estariamos ante unha edición limitada, polo que os que gusten da súa estética deberían estar pendentes da súa reserva para poder facerse cunha destas máquinas.

PUBLICIDADE