A PS4 Pro terá unha edición especial inspirada en Monster Hunter: Worlds
martes, 16 de xaneiro do 2018
O vindeiro dÃa 26 Capcom lanzará internacionalmente o xogo Monster Hunter: World nas
súas versións para Xbox One e PlayStation 4, deixando a versión para PC para o
outono, e Sony quixo aproveitar a ocasión para animar aos fieis da saga a
facerse coa súa consola máis potente, polo que celebrarán
a chegada do xogo cunha PlayStation 4 Pro cun 1 TB de almacenamento decorada
cun deseño inspirado en Rathalos, o monstro insignia da saga. Non só a
consola estará decorada, senón que o seu mando DUALSHOCK 4 en cor vermella
tamén amosará deseños exclusivos.
Esta PS4 Pro incluirá a edición estándar de Monster
Hunter: World e códigos canxeables do Origin
Armour Set, o Fair Wind Charm Talisman
e un tema dinámico.
- O lote que sairá o dÃa 26 incluirá o xogo de Capcom e unha PS4 Pro de 1 TB
Tráiler de Monster Hunter: World