A PS4 Pro baixa de prezo até a Noite de Reis

martes, 19 de decembro do 2017 Marcus Fernández

Durante esta campaña de Nadal están sendo moi frecuentes as ofertas ao redor das consolas de videoxogos, como un xeito de atraer a novos xogadores, pero non só as consolas de entrada teñen prezos atractivos, senón que tamén algunhas para os xogadores máis esixentes tamén teñen interesantes descontos, como é o caso da PS4 Pro, que até o 5 de xaneiro poderá mercarse cun desconto de até 100 euros.
Deste xeito a PS4 Pro pasará a ter un prezo recomendado de 349 euros, oferta que tamén inclúe algúns lotes con xogos como Grand Turismo Sport, mentres que no caso dos lotes que inclúen os xogos FIFA 18, Desitny 2 ou Star Wars Battlefront 2 o desconto sería de 90 euros.
Durante estas datas tamén hai importantes descontos en moitos xogos, como Gran Turismo Sport a 49,99 euros, Uncharted 4: El desenlace del ladrón a 29,99 euros, Bloodborne edición GOTY a 29,99 euros, Knack 2 a 29,99 euros ou Everybody’s Golf a 29,99 euros. Para quen teña PlayStation VR tamén hai moitos títulos de realidade virtual para PS4 que nestas datas teñen un desconto de 10 euros.

PUBLICIDADE