A PS3 terá un novo modelo máis delgado, lixeiro e atractivo

mércores, 19 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Mañá principia o Tokyo Game Show, a terceira grande cita dos videoxogos ao longo do ano (xunto co E3 e a Gamescom), e que é a última grande oportunidade que teñen as compañías do sector para anunciar novidades de cara ao Nadal, o que está a aproveitar Sony para dar a coñecer un novo modelo da súa PlayStation 3, consola da que se espera que teña sucesora o ano que vén, o que non impide que teña o seu segundo adelgazamento que chegará ás tendas o 29 de setembro.
O novo modelo de PS3, cun deseño máis pequeno, lixeiro e atractivo, venderase cun disco duro de 500 Gb co xogo FIFA 13 por 299,99 euros, á vez que estará dispoñible un novo modelo que, en vez de disco duro, opta por unha unidade de estado sólido de 12 Gb, o que facilita a súa rebaixa de prezo ata os 229,99 euros (os prezos mencionados poderían ser lixeiramente máis elevados en función do IVE en vigor en España). Esta última versión permitirá ampliar o seu almacenamento interno mediante un disco duro interno SATA de 2,5 polgadas empregando un montaxe oficial (ou contando tamén coa posibilidade de incorporarlle un disco duro interno oficial de PlayStation con 250 Gb de capacidade) polo que sería unha consola de entrada moi interesante.
Para mellorar o atractivo da PS3, Sony tamén ampliará a familia de xogos PS3 Essentials con títulos como Assassin’s Creed: La Hermandad ou Sports Champions, que nas tendas poden adquirirse por 19,99 euros (ou 14,99 euros en formato descargable). A listaxe completa de xogos dentro da liña PS3 Essentias sería a seguinte: Uncharted: El Tesoro de Drake, Resistance Fall of Man, inFAMOUS, Motorstorm, Heavenly Sword, MAG, God of War III, LittleBig Planet, Ratchet & Clank: Armados hasta los dientes, ModNation Racers, Sports Champions, EyePet & sus amigos, Start The Party! Empieza la fiesta, DanceStar Party!, Medieval Moves, Move Fitness, The Fight, Títulos editados por terceros:, Assassin’s Creed II, Assassin’s Creed, Assassin’s Creed La Hermandad, Far Cry 2, Prince of Persia, Driver San Francisco, Tom Clancy’s Rainbow Six: Vegas 2, James Cameron’s Avatar: The Game, Prince of Persia – The Forgotten Sands, Call of Juarez: Bound in Blood, Tom Clancy’s Ghost Recon: Advanced Warfighter 2, Brothers In Arms: Hell’s Highway, Tom Clancy’s H.A.W.X, Deus Ex: Human Revolution, Tomb Raider: Underworld, Just Cause 2, Sniper: Ghost Warrior, Tekken 6, SEGA Mega Drive: Ultimate Collection, Sonic Unleashed, Virtua Fighter 5, Darksiders: Wrath Of War e Homefront: Ultimate Edition.

A PlayStation 3 adelgaza o seu deseño por segunda vez

PUBLICIDADE