A PS Vita recibirá en primavera un lote de 6 xogos de LEGO cunha tarxeta de memoria de 16 Gb

venres, 7 de marzo do 2014 Marcus Fernández

Aínda que a PS Vita ten aínda un catálogo de xogos pouco nutrido, os usuarios da última consola portátil de Sony teñen posibilidades para facerse cunha boa colección de títulos a prezos moi axustados, resultando especialmente atractiva a compra dos chamados Mega Packs, que consisten nunha tarxeta de memoria (elemento fundamental para a PS Vita) xunto con varios xogos descargables, sendo digno de mención o que anunciaron para a vindeira primavera: LEGO Mega Pack.
O lote incluirá unha tarxeta de memoria de 16 Gb xunto con 6 xogos descargables de LEGO por só 49,99 euros (só a tarxeta solta xa custaría máis de 30 euros). Os títulos que forman esta recompilación son LEGO Harry Potter: Años 5-7, LEGO Indiana Jones: La trilogía original, LEGO Piratas del Caribe: El videojuego, LEGO Star Wars III: The Clone Wars e dúas das entregas de máis éxito desta serie, como son LEGO Batman: El videojuego e LEGO Batman 2: DC Superheroes. Unha excelente selección de títulos que os xogadores máis novos agradecerán.

PUBLICIDADE