A PS Vita recibe unha nova actualización do seu software de sistema
martes, 25 de marzo do 2014
- A PS Vita poderá intercambiar mensaxes de voz coa PS4
A PS Vita está a comezar a recibir a actualización
de software de sistema 3.10, que inclúe interesantes novidades para os
usuarios da consola portátil de Sony, que agora xa non verán limitado o número
de aplicacións na pantalla principal a 100 (incrementouse o lÃmite a 500
iconas), o sistema de mensaxes de voz é agora compatible con PlayStation 4
(permitindo que os usuarios de ambas plataformas poidan intercambiar mensaxes
mentres estean a xogar), potenciouse o control paternal (pódese limitar o
acceso á PS Store e definir o nivel de acceso mediante un sistema de niveis
doado, baseado nos código PEGI) e a aplicación de calendario permitirá crear
eventos de xogo cos amigos e sincronizarse con Google Calendar (tamén será
posible convidar aos amigos a eventos a través de mensaxes ou correo
electrónico).
- O control paternal será máis doado tras a última actualización da PS Vita
Tamén permitirase comprobar e manexar a tarxeta de memoria cun novo xestor de contido, poderase buscar contidos musical gardado nun dispositivo conectado (como un PC), os vÃdeos poderán organizarse por tamaño, o visor de imaxes rotará automaticamente ao xirar a consola, os axustes de hora incorporan gardado automático e nas opcións de entrada en modo de espera incorporouse a suspensión da consola tras 30 minutos de inactividade.
- A PS Vita estrea aplicación de calendario