A PS Vita poderá reservarse dende o vindeiro dÃa 30
martes, 15 de novembro do 2011
Sony vén de anunciar que a súa nova consola portátil, a PS
Vita, pese a non estar dispoñible ata o 22 de febreiro de 2012, poderá
reservarse a partir do dÃa 30 de novembro por un perÃodo de tempo limitado
a cambio dun adianto de 30 euros que descontarase do prezo final (249/299
euros) o que non só garantirá pode ter a consola o dÃa do seu lanzamento, senón
que incluirá vantaxes como unha caixa exclusiva deseñada para a ocasión, un
produto oficial de PlayStation de edición limitada, contido exclusivo e
descontos de xogos para a tenda en liña PlayStation Store.
- Os que reserven a PS Vita en El Corte Inglés poderán conseguir unha carteira exclusiva
O PS Vita Pack chegará en 2 versións diferentes: unha que incluirá uns
auriculares oficiais de PlayStation con acabado metálico (dispoñible en múltiples
establecementos) e outra que incluirá unha carteira de coiro decorada con
motivos da marca, que permite tanto gardar cartos e tarxetas de crédito coma
xogos de PS Vita nun compartimento oculto (pack dispoñible en exclusiva en
centros de El Corte Inglés).
Os contidos desbloqueables/descargables de ambas versións serÃan un desconto de
5 euros na PlayStation Store en Little
Deviants, Super Stardust Delta, Hustle Kings e Escape Plan, elementos de PS Vita para PlayStation Home, un
accesorio anticipado para Frobisher Says!
para PS Vita e un avatar exclusivo de PS Vita para PlayStation Network.
- A meirande das tendas terán dispoñible a opción de adquirir a PS Vita en reserva cuns auriculares metálicos