A PS Vita pode probarse en Galicia antes do seu lanzamento oficial

xoves, 2 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Usuarios probando a PS Vita nun centro comercial

O vindeiro día 22 chegará ás tendas a consola portátil PS Vita de Sony a prezos de 249,99 euros na súa versión Wi-Fi e 299,99 euros no modelo con 3G e Wi-Fi, e para animar ao público a adquirila durante no seu lanzamento (ou mesmo reservala en promocións especiais) están a despregar unha rede de puntos nos que probar en primeira persoa a nova portátil, que son xa uns 100 e que pretenden chegar aos 250 a finais da semana que vén.
Para que os máis impacientes poidan saber onde probar a PS Vita publicaron un mapa no que figuran os lugares onde poder probar a nova consola, que no caso galego son os centros de El Corte Inglés en A Coruña e Vigo, a FNAC de A Coruña e o Media Markt de Vigo e Lugo.
Entre os xogos que contará a PS Vita durante o seu lanzamento (e que poderán probarse nalgúns centros) están Uncharted: El Abismo de Oro, Little Deviants, Reality Fighters, Wipeout 2048, Everybody’s Gold e ModNation Racers.

Sony publicou un mapa en liña no que consultar os puntos nos que pode probarse a PS Vita

PUBLICIDADE