A PS Vita continúa sen consolidarse no Xapón
xoves, 19 de xullo do 2012
- A revista Weekly Famitsu repasa os 6 primeiros meses da PS Vita
Esta semana a PlayStation Vita cumpre 6 meses do seu
lanzamento no Xapón, e o seu balance parece ser bastante negativo, quedando lonxe
de acadar as expectativas que se tiñan na sucesora da PSP, segundo pode verse
nas páxina da revista Weekly Famitsu,
nas que aseguran que a consola portátil de Sony chegou ás 790.633 unidades
vendidas, quedando a unha distancia abismal da Nintendo 3DS (con 6.472.484
unidades).
Se miramos a última semana, a PS Vita terÃa vendido 11.544 unidades no Xapón,
que continúa a estar moi lonxe da 3DS (con 51.930 unidades) pero é un resultado
relativamente bo porque por fin consegue superar á súa consola predecesora, a
PSP, que aÃnda vende 10.627 unidades, deixando claro que a principal eiva da PS
Vita é a ausencia de xogos de peso.
De feito, o xogo de máis éxito, Persona 4 The Golden tivo que confirmarse con 188.782 copias vendidas,
bastante lonxe de Everybody’s Golf 6
con 118.985 unidades e Uncharted: Golden
Abyss con 89.390 copias e o prometedor Gravity
Rush con 74.785 copias. ConfÃrmase asà que o potencial técnico da PS Vita
(capaz de correr xogos comparables aos das consolas domésticas) non é dabondo
para os usuarios, que sen xogos atractivos non optan pola nova plataforma
portátil de Sony, de xeito que será preciso que nos vindeiros meses reforcen o
catálogo desta consola se non queren que remate no esquecemento, pois agora non
só compite con Nintendo, senón que tamén ten que enfrontarse a plataformas
móbiles (principalmente iOS e Android) que cada vez gozan de máis éxito.