A PS Store inicia as súas rebaixas de cara ao verán
venres, 9 de xuño do 2017
Dende a PlayStation Store non queren que os seus usuarios
teñan que agardar ás rebaixas de Nadal, e poidan gozar xa de grandes xogos en
formato descargable para aproveitar o tempo que teñan dispoñible no verán, polo
que dende hoxe e até o 21 de xuño teñen descontos de até un 50% nunha chea de
xogos entre os que non faltan algúns dos seus meirandes éxitos recentes, como Horizon Zero Dawn, Battlefield 1 e Nioh.
A listaxe
completa de xogos ofertados é moi ampla, e entre as oferta destes dÃas
(incluso en tendas fÃsicas) tamén podemos destacar que as subscricións
de 12 meses a PS Plus poden conseguirse por 34,99 euros en vez dos 49,99
euros habituais (e moi lonxe dos 83,88 euros que custarÃan de mercarse as
subscricións mes a mes).
Como algúns exemplos de ofertas para PlayStation dentro dos Days
of Play temos Horizon Zero Dawn a
39,99 euros, Battle Field 1 por 29,99
euros, Nioh por 39,99 euros, The Last of Us Remastered por 24,99
euros, Rise of the Tomb Raider por
23,99 euros, Bloodborne por 21,49
euros, The Last Guardian por 24,99
euros, Titanfall por 22,99 euros, Watch Dogs 2 por 29,99 euros, Until Dawn por 21,49 euros e Gravity Rush 2 por 33,99 euros. Uns
prezos moi atractivos para grandes tÃtulos que garantes moitas horas de
diversión.
VÃdeo promocional das novas rebaixas na PS Store