A Oficina do Peregrino activa un sistema online de axuda á obtención da Compostela

luns, 17 de agosto do 2020 S. P.

A Oficina de Acollida ao Peregrino da Catedral de Santiago desenvolveu un sistema online que permite aos camiñantes facilitar o proceso de obtención da Compostela. Segundo informa a dirección do templo compostelán, os datos persoais que se completan no momento de recibir a Compostela poden rexistrarse de maneira previa a través da web da devandita oficina de atención.
Para axilizar as esperas, axilizar a atención e garantir ao máximo a seguridade dos viaxeiros, unha vez chegado ao edificio de acollida aos peregrinos, estes deben retirar un tícket no mesmo que contén un código QR mediante o cal o peregrino pode consultar o estado da fila en tempo real, de maneira que lle é posíbel calcular o momento no que debe presentarse na oficina, evitándolle tempos de espera.

PUBLICIDADE