A Nintendo Wii estrearase con 62 xogos

xoves, 2 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A nova consola doméstica de Nintendo está a dar moito que falar nos últimos días, xa que se está a achegar a súa data de saída á venda, e comezamos a coñecer detalles sobre o seu funcionamento, o seu catálogo de xogos inicial ou mesmo algunha característica futura.
Por exemplo, no Xapón xa anuncian que contará cunha versión da Wii que permitirá a reprodución de películas en formato DVD, aínda que é algo que non parece moi importante hoxe en día, pois os usuarios xa contan cun reprodutor de DVD máis axeitado e esta funcionalidade non se ve de igual xeito que cando a incluíu a PS2 (pois o DVD aínda estaba emerxendo). Pero o máis abraiante é que esta prestación será para o mercado nipón, non habendo plans de lanzar tal versión en Europa ou EE.UU.
Pero o que interesa máis ós futuros xogadores da Wii é o catálogo de xogos co que poderán contar este Nadal, e parece que vai ser abraiante, pois terá 32 novos títulos e 30 xogos clásicos.
Entre os novos títulos estarían Need for Speed: Carbon, Cars, Avatar: The Last Airbender, Madden NFL’07, The Legend of Zelda: Twilight Princess ou Tony Hawk’s Downhill Jam. Pero os xogos clásicos si que son unha curiosa incorporación, pois son vellos xogos de consolas como a NES, a SuperNintendo, a Nintendo 64, a Sega Genesis e a TurboGraftx16, posto que a Wii contará con emuladores destas consolas.
A todo este catálogo inicial habería que engadir os 530 xogos que xa hai actualmente para a anterior consola doméstica de Nintendo, a GameCube, coa que a Wii será compatible, polo que os que merquen a nova consola poderán sacarlle bastante proveito dende o primeiro día.
A listaxe completa de novos xogos para a Wii é a que segue:

Nintendo: Wii Sports, The Legend of Zelda: Twilight Princess, Excite Truck
Activision: Call of Duty 3, Marvel Ultimate Alliance, Rapala Tournament Fishing, Tony Hawk’s Downhill Jam, World Series of Poker: Tournament of Champions
Atari: Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi 2
Atlus: Trauma Center: Second Opinion
EA: Madden NFL ’07, Need for Speed: Carbon
Konami: Elebits
Midway: Happy Feet, Rampage: Total Destruction, The Grim Adventures of Billy & Mandy, The Ant Bully
Sega: Super Monkey Ball: Banana Blitz
SNK: Metal Slug Anthology
Tecmo: Super Swing Golf
THQ: Avatar: The Last Airbender, Barnyard, Cars, SpongeBob SquarePants: The Creature from the Krusty Krab
Ubisoft: Far Cry: Vengeance, GT Pro Series, Monster 4X4 World Circuit, Open Season, Rayman Raving Rabbids, Red Steel, Tom Clancy’s Splinter Cell Double Agent
Vivendi: Ice Age 2: The Meltdown

Despois, as versións para consolas, que se poderán mercar a prezos que irían dende os 5 e os 10 dólares a partires de decembro, serían as seguintes:

NES: Mario Bros., The Legend of Zelda, Donkey Kong, Donkey Kong Jr., Ice Hockey, Pinball, Soccer, Tennis, Urban Champion, Wario’s Woods, Baseball, Solomon’s Key
SNES: F-Zero, SimCity
N64: Super Mario 64
Sega Genesis: Sonic the Hedgehog, Altered Beast, Golden Axe, Columns, Ecco the Dolphin, Gunstar Heroes, Space Harrier II, Toe Jam & Earl, Ristar, Dr. Robotnik’s Mean Bean Machine
TurboGrafx16: Bonk’s Adventure, Super Star Soldier, Victory Run, Bomberman ’93, Dungeon Explorer

PUBLICIDADE