A Nintendo Switch foi a consola doméstica máis vendida en España durante a súa primeira semana
venres, 10 de marzo do 2017
Comezamos a semana sabendo que nos seus dous primeiros dÃas
á venda a Nintendo Switch converteuse na consola
máis vendida no seu lanzamento na historia de Nintendo nos EE.UU., e agora
Gfk dá os resultados de vendas para a primeira semana á venda en España, e non
só superarÃa sobradamente á Wii e á Wii U, senón que a
Nintendo Switch con 44.673 unidades vendidas converterÃase na consola doméstica
máis vendida no seu lanzamento español, superando sobradamente as 35.000
unidades da PS3 e as 38.500 da PS4.
O éxito da Switch en España non serÃa consecuencia exclusiva da propia máquina,
senón que parece vir da man do lanzamento de The Legend of Zelda: Breath of the Wild, xogo que vendeu 39,566
unidades para Nintendo Switch e 11.816 para Wii U.
Este escenario repetiuse nos paÃses do noso contorno, e asà en Francia
vendéronse 105.000 unidades da Nintendo Switch e 96.000 do xogo de Zelda e en
Reino Unido chegouse ás 80.000 unidades (dobrando os resultados de Wii U e
chegando preto dos de PS4).
Agora a consola ten que demostrar que é capaz de manter un bo ritmo de vendas
durante o resto do ano, ao que contribuirán lanzamentos como Mario Kart 8 Deluxe, Splatoon 2 ou Super Mario Odyssey, que irán chegando pouco a pouco nos vindeiros
meses de xeito que procurarán que non haxa ningún mes sen un lanzamento
relativamente importante que manteña o pulo desta máquina que sen dúbida terá
na campaña de Nadal o seu mellor momento (non só porque sexa unha boa data en
vendas de videoxogos, senón porque nese momento será cando xa poderemos dicir
que ten un catálogo de xogos o suficientemente solvente como para atraer a moitos
usuarios, e non só aos incondicionais das aventuras de Link ao rescate da
princesa Zelda).