A Nintendo 3DS xa pode gravar vÃdeo en 3D
mércores, 7 de decembro do 2011
Antes do
lanzamento da nova consola portátil de Nintendo, os seus responsables xa
comentaban que buscarÃan incorporarlle prestacións que, aÃnda que non estivesen
dispoñibles inicialmente, irÃan chegando a través de actualizacións de
software, e cumprindo co prometido, dende hoxe (adiantándose un dÃa á data prevista) está dispoñible unha actualización
do firmware para a Nintendo 3DS
que, entre outras cousas, facilita a gravación de vÃdeo en 3D.
A actualización para a Nintendo 3DS permite que dende a aplicación da cámara da
consola xa non sexa posible só ver e tomar imaxes, senón tamén gravar vÃdeo
estereoscópico de ata 10 minutos de duración nun modo de captura continuo ou
cadro a cadro (para facer pezas coa técnica de animación stop motion) ou mediante intervalos de tempo (para gravar time lapses).
Pero esta non é a única novidade que incorpora a 3DS, senón que tamén actualiza
a Plaza Mii con novos quebracabezas e
novas ferramentas; mentres que os usuarios de StreetPass poderán gozar dun novo
reto: completar un mapa xeográfico atopando a usuarios de novas rexións.
A actualización tamén facilita o intercambio de contidos entre consolas
Nintendo 3DS e mellora a tenda Nintendo eShop con demostracións dalgúns xogos e
a posibilidade de descargar múltiples contidos cando a consola está en espera
(activando a posibilidade de que os contidos descargables poidan ampliar algúns
xogos como acontece coas consolas de videoxogos domésticas).
- Coa Nintendo 3DS podemos agora gravar vÃdeo en 3D