A Nintendo 3DS tivo unhas fortes vendas en 2013
venres, 10 de xaneiro do 2014
AÃnda que non eran poucas as voces que apuntaban a que as
consolas de videoxogos domésticas estaban destinadas á extinción polo pulo de
smartphones e tablets, Nintendo non para de demostrar que nese ámbito continúa
a ser a compañÃa que se mantén en cabeza, e vén de anunciar que durante 2013 as
vendas de xogos para Nintendo 3DS tiveron un incremento anual do 45%, á vez que
confirman que o número de consolas 3DS vendidas nos EE.UU. chegarÃa aos 11,5
millóns.
Nintendo estima que os seus clientes norteamericanos adquiriron
16 millóns de xogos para Nintendo 3DS (sumando vendas en formato fÃsico e
descargable), o que confirmarÃa o favor do público, que irÃa en consonancia
co da crÃtica, con 7 xogos durante 2013 que superaron unha puntuación de 85
sobre 100 en Metacritic (por exemplo, The
Legend of Zelda: A Link Between Worlds acadou un 91 e Fire Emblem: Awakening conseguiu incluso un 92 sobre 100).
Temos asà que Nintendo está a conseguir unha magnÃfica acollida coas súas
consolas portátiles, estimándose que a familia da 3DS terÃa vendido uns 42,3
millóns de unidade dende o seu lanzamento, o que serÃa preto de 6 veces o volume
de vendas das PS Vita de Sony, aÃnda que queda moito camiño para chegar aos
preto de 154 millóns de Nintendo DS que se venderon nos últimos anos.