A Nintendo 3DS convértese na consola con mellores vendas no seu primeiro ano de vida

luns, 20 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Evolución semanal das vendas de Game Boy Advance, Nintendo DS, Wii e Nintendo 3DS durante o seu primeiro ano no mercado xaponés

Hai preto dun ano que a Nintendo 3DS chegou ás tendas xaponesas, para chegar un mes despois a España, e dende Nintendo aproveitan a ocasión para facer repaso do resultado de vendas da nova portátil no seu territorio, chegando a uns datos un tanto abraiantes, xa que ao chegar aos 5 millóns de unidades vendidas en 52 semanas converteuse superou a outra consolas de Nintendo (Game Boy Advence, Nintendo DS e Wii) en velocidade de adopción no mercado nipón.
Aínda que pareza que en España a situación podería ser diferente, as cifras tampouco distan moito, e en menos dun ano a Nintendo 3DS xa superou en máis do 35% o volume de negocio da primeira Nintendo DS (a que, ata o momento, era a consola portátil máis vendida da historia), o que parece difícil de crer pola complicada conxuntura económica e a emerxencia dos smartphones e tablets, que parecían pór en perigo o futuro das consolas portátiles.
Caixa europea do xogoNon parece haber dúbidas sobre o feito de que este grande éxito da Nintendo 3DS veña provocado pola baixada do seu prezo o pasado verán (quedando incluso por debaixo da Nintendo DSi XL) e a chegada de grandes xogos como Super Mario 3D Land, Mario Kart 7 e The Legend of Zelda: Ocarina of Time, que para motos eran razón de máis para facerse coa nova portátil. Tamén o xogo Resident Evil: Revelations está a ter unhas vendas moi sólidas (de feito, tras o seu lanzamento liderou as listaxes de vendas para calquera plataforma, tanto portátil como doméstica).
Dentro dun mes tamén veremos como chega ás tendas Kid Icarus: Uprising, título que tamén podería ter unhas vendas importantes, por estarmos ante un xogo pensado para explotar o potencial da 3DS e recuperar un xogo clásico do que moitos gardaban un bo recordo.

PUBLICIDADE