A NGP podería venderse por 250 dólares

xoves, 17 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Unha enquisa realizada por Toluna por encargo de Ubisoft vén de desvelar o que poderían ser os prezos da sucesora da PSP, a consola portátil coñecida de xeito provisorio como NGP, que contará cun modelo con conectividade Wi-Fi e outro con 3G que terían uns prezos de 250 e 350 dólares respectivamente.
Dado que esta información non ven directamente de Sony, senón que provén dun editor alleo á compañía nipona, os prezos están lonxe de confirmarse, pero o feito de que sexa un distribuidor de tanto tamaño como Ubisoft leva a pensar que o rango de prezos da NGP podería axustarse á realidade.

PUBLICIDADE