A NES mini volverá ás tendas o 29 de xuño
luns, 14 de maio do 2018
O lanzamento
da Nintendo Classic Mini fora considerado por moitos un auténtico desastre,
xa que converteu á pequena consola retro
de Nintendo nun produto de especulación ante o reducido número de unidades que
chegaron ao mercado, algo que Nintendo soubo corrixir coa súa sucesora, a Super
Nintendo mini, que segue a ser relativamente doada de atopar en tendas. Agora queren solucionar
a situación dos seareiros da marca nipoa que aÃnda non teñen a NES mini, e
por iso anuncian
que o vindeiro 29 de xuño volverán a poñela á venda.
Unha vez lanzada a Super Nintendo mini, a NES mini ten pouco atractivo, pero
moitos agradecerán a posibilidade de poder completar a colección de consolas de
pequeno tamaño sen ter que recorrer a un mercado de segunda man no que a
especulación está a facer moito dano.
A Nintendo Classic Mini inclúe 30 xogos, que na súa meirande parte son
importantes xa que iniciaron franquÃas que en moitos casos seguen vivas hoxe,
como Super Mario Bros., The Legend of Zelda ou Donkey Kong.
Como curiosidade, no Xapón van lanzar o 7 de xullo unha edición da NES mini que únese á
celebración do 50º aniversario da revista de manga Shonen Jump, e que incluirá precargados xogos de As Bolas Máxicas, Los Caballeros del ZodÃaco, Puño
de Estrella del Norte, Campeones,
Musculman e outras obras nacidas das
páxinas da histórica revista.
VÃdeo promocional da NES mini xaponesa que rende tributo á revista Shonen Jump