A Mesa publica un catálogo dixital con propostas de agasallos de Nadal en galego

mércores, 5 de decembro do 2018 Marcus Fernández

A iniciativa Abertos ao Galego, volve un ano máis a publicar na Rede o seu catálogo de propostas de compras e agasallos de Nadal na nosa lingua, de xeito que podemos ter a man unha selección de libros, discos, cadernos, elementos decorativos, xogos, roupa, complementos, experiencias... que contribúen á normalización do galego e certifican o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole.
Dende a Mesa pola Normalización Lingüística lembran que «as decisións que tomamos como consumidores e consumidoras teñen implicacións», de aí que insten a traballar con empresas que fagan uso do galego e así poidamos recibir unha atención máis próxima, manter postos de traballo no país e poñamos en valor o uso da nosa lingua por parte das empresas e na etiquetaxe dos produtos, que supón un sinal de calidade e orixe.

O catálogo de agasallos de Nadal de Abertos ao Galego está dispoñible en liña

PUBLICIDADE