A Memoria Dixital de Galicia mantén o seu pulo

xoves, 21 de febreiro do 2019 Redacción

A Biblioteca da Cidade da Cultura acolleu hoxe unha xornada de traballo na que unha trintena de profesionais das entidades beneficiarias das axudas á Memoria Dixital de Galicia coñeceron da man dos técnicos das áreas de Arquivos, Museos e Bibliotecas da Administración autonómica os requisitos e protocolos para a dixitalización dos seus fondos documentais e a súa futura incorporación a Galiciana. O encontro foi inaugurado pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Manuel Vila.
A Memoria Dixital de Galicia, impulsada pola AMTEGA e a Consellería de Cultura e Turismo avanza na conservación e universalización do patrimonio galego coa dixitalización dos fondos documentais de vinte entidades públicas e privadas sen fins de lucro, beneficiarias dunha liña de axudas da Xunta.

PUBLICIDADE