A Intelixencia Artificial nos negocios centra unha xornada na Coruña da APD

venres, 27 de xaneiro do 2023 S. P.

A Asociación para o Progreso da Dirección (APD) vai organizar na Coruña, o vindeiro 1 de febreiro en A Coruña, unha xornada de traballo que pon o foco nas posibilidades que abre a Intelixencia Artificial para a competividade, a produtividade, a eficiencia e a rendibilidade das empresas, alén das vantaxes para a xestión, a visibilidade e a captación de clientes. Baixo o título Como empregar a IA para o crecemento do teu negocio, celebrarase no Light Studio (no 13 da praza de María Pita), en horario de tarde (de 16.00 a 18.10 horas).
Os temas a tratar son as diferentes vertentes de aplicación da Intelixencia Artitificial, como chatbots, atención telefónica, análise de sentimento en redes sociais, procesamento de textos legais, redacción de documentos por parte de máquinas, etc. Na xornada tentarase aclarar dúbidas sobre a fiabilidade destes recursos para as empresas. A sesión, abeirada ao ciclo APD Talks, contará con representantes do Grupo MasMovil respondendo ás moitas dúbidas que suscitan estas tecnoloxías, abordando casos reais de integración en comercio retallista, atención ao cliente, enerxía ou mercadotecnia.
Axenda
16.00 h Recepción de asistentes
16.30 h Apertura
16.35 h Coloquio. Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar ao teu negocio
17.15 h Mesa redonda. Aplicacións prácticas da IA na empresa
18.00 h Coloquio
18.10 h Fin do encontro
18.30 h Visita guiada á exposición IA More Than Human
A xornada contará coa colaboración da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), cuxos/as integrantes poderán participar de balde na actividade. As persoas interesadas deberán enviar un mail a comunicacion@aetg.gal solicitando o código de convite para poder facer a inscrición gratuíta á xornada na ligazón específica habilitada.

PUBLICIDADE