A India recibe un novo smartphone con dobre SIM de HTC

luns, 5 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Nalgúns mercados emerxentes é importante contar con teléfonos que poidan empregar varias tarxetas SIM (especialmente por problemas de cobertura para xente que se desprace por distintas rexións), e para que non queira prescindir das funcionalidades avanzadas dun smartphone temos dispositivos con Android que van estreando modelo con dobre SIM, como o HTC Desire SV, terminal cunha pantalla Super LCD2 de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon S4 a 1 GHz, 768 Mb de RAM, cámara de 8 Mpíxeles con flash LED, Bluetooth 4.0, GPS, Wi-Fi e batería de 1.620 mAh que inicialmente vai pórse á venda libre na India por 22.590 rupias (323,57 euros), mentres que no resto do mundo polo momento temos que conformarnos con HTC Desire V.


O novo móbil de HTC visto en vídeo

PUBLICIDADE