A Illa da Toxa acolle o Galicia TIC 2007
mércores, 17 de outubro do 2007
O vindeiro venres 19 de outubro, a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, INEO, vai celebrar unha nova edición do GALICIA TIC, que este ano vai dedicado ó tema Innovar na Era Dixital.
O evento terá lugar ás 9:00 no Hotel Louxo na Illa da Toxa onde os organizadores levarán a cabo unha mesa de intelixencia competitiva, outra de converxencia de Redes, un foro de Negocios TRANSTIC e unha conferencia plenaria TRANSTIC.
Xunto cos demais promotores do evento (IGAPE, FEUGA, Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e BIC Galicia), INEO pretende, coa promoción desta serie de actividades, fomentar a cooperación entre as empresas do sector TIC galego, facendo a unhas entidades partícipes das experiencias de outras, e xerando debate ó redor de distintos temas.
Os asistentes á devandita xornada recibirán, en resumidas contas, amplos coñecementos para acadar unha mellora empresarial continua.
O programa da xornada está a disposición dos internautas na web de INEO, e os interesados deberán confirman a súa asistencia a través da páxina web do evento www.galiciatic.com.