A Game Drive para PS4 de Seagate permite transportar comodamente a nosa colección de xogos
xoves, 10 de outubro do 2019
Seagate comercializa discos
duros externos optimizados para o seu uso en consolas de videoxogos como un
xeito de ampliar a capacidade interna da máquina, contando con versións para
Xbox One e para PlayStation 4, e a partires de hoxe a Game
Drive para PS4 de 2 TB está dispoñible en Reino Unido, Alemaña e Rusia,
onde espérase que o produto teña un grande éxito comercial, xa que o seu
formato permÃtelle alimentarse directamente pola propia comunicación USB que ten
coa consola á vez que tamén pode transportarse comodamente grazas aos seu pequeno
compacto.
Este dispositivo, que conta con licenza oficial de Sony, é doado de empregar xa
que a consola recoñece automaticamente a unidade (e o funcionamento é óptimo xa
que a Game Drive está deseñada co mesmo firmware que a unidade de disco interna
da PS4).
Que o seu deseño presente o logotipo de PlayStation no seu exterior axuda a
identificar o disco duro, no
que poden almacenarse aproximadamente 50 xogos, que só serán accesibles coa
conta de usuario coa que se transferiu tal contido (ou sexa, que os xogos poden
levarse dunha consola a outra, pero será preciso identificarse nas distintas
consolas coa mesma conta de usuario).
Para os que queiran contar cunha unidade como esta, pero sen certificar polas
marcas PlayStation ou Xbox, Seagate vende unha
unidade de disco de 2 TB de capacidade a un prezo duns 90 euros, que tamén
é unha boa opción para ampliar a capacidade de almacenamento da PS4 e para
poder levar os nosos xogos á casa dos amigos sen ter que cargar con numerosos e
voluminosos soporte fÃsicos.