A GDC de verán xa ten data

venres, 20 de marzo do 2020 Marcus Fernández

A pandemia provocou que a Game Developers Conference (DGC) que tería que celebrarse en San Francisco entre os días 16 e 20 de marzo adiase a súa celebración até o verán, e finalmente actualizaron a páxina web do evento para anunciar que entre os días 4 e 6 de agosto celebrarán unha GDC Summer no Moscone Center de San Francisco, onde os profesionais do sector dos videoxogos poderán acudir a relatorios, mesas redondas e charlas técnicas que tan interesantes poden chegar a ser nun momento como o actual (ás portas dunha nova xeración de consolas).
Amais, durante os 2 últimos días do evento desenvolverase paralelamente a GDC Summer Expo, unha feira máis tradicional, na que as compañías do sector poderán recibir a público nunha zona de expositores.

PUBLICIDADE