A Fundación Barrié axudará a levar o Dicionario da RAG aos móbiles
xoves, 24 de maio do 2012
Esta semana o presidente da Fundación Barrié, José MarÃa
Arias Mosquera, e o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé LuÃs Méndez
FerrÃn, asinaron
un convenio de colaboración que supón unha importante renovación tecnolóxica do
Seminario de LexicografÃa, que entre outros obxectivos suporá a conversión
da base de datos do Dicionario da institución para facilitar o seu acceso dende
dispositivos móbiles (como xa adiantara Xosé
LuÃs Axeitos durante a presentación da nova páxina web da RAG), a
implementación dun programa especÃfico para a edición do Dicionario e a
creación ao longo do presente ano dun Portal
das palabras na web, que divulgará e aumentará a interactividade do
patrimonio lexicográfico da Academia entre a súa comunidade de usuarios.
O acordo tamén inclúe o traslado do equipo de traballadores do Seminario de
LexicografÃa dende as súas dependencias compostelás a un espazo reservado para
o seu uso e completamente informatizado nas dependencias da Fundación Barrié.
Aplicación móbil
A adaptación do Dicionario da RAG a dispositivos móbiles é unha demanda clara por parte dos galegos, pero mentres non estea dispoñible a ferramenta oficial, lembramos que a aplicación móbil DicionarioGalego de GalApps actualizouse para soportar o novo dicionario en liña da Academia, de xeito que facilita a consulta lexicográfica dende dispositivos con Android e con iOS.