A FiscalÃa de ParÃs investiga X por manipular co seu algoritmo
venres, 11 de xullo do 2025
A FiscalÃa da República francesa abriu unha investigación formal contra X por presunta inxerencia estranxeira a través do uso do seu algoritmo. A causa foi impulsada tras dous avisos recibidos o 12 de xaneiro de 2025, remitidos por un deputado e un alto cargo dunha institución pública francesa.
A FiscalÃa asegura que os informes iniciais alertaban do uso supostamente malicioso do algoritmo da plataforma con fins de manipulación estranxeira. Con base nas verificacións realizadas, nos estudos de investigadores franceses e na información achegada por diversas institucións públicas, o 9 de xullo o Ministerio Fiscal encargou á Dirección Xeral da XendarmerÃa Nacional a apertura dunha investigación penal.
As dilixencias céntranse especialmente en dúas posibles infraccións penais cometidas en banda organizada: a alteración do funcionamento dun sistema automatizado de tratamento de datos e a extracción fraudulenta de datos dese mesmo sistema.
As pescudas poderÃan afectar tanto á entidade xurÃdica da empresa como a determinadas persoas fÃsicas ligadas ao seu funcionamento. De confirmarse as acusacións poderiamos falar de condenas de ata 10 anos de cadea e 300.000 euros de sanción.
