A FIC presenta unha nova edición do seu mestrado en EnxeñarÃa Informática
xoves, 4 de xullo do 2013
A Facultade de
Informática da Coruña (FIC) vai organizar, para o vindeiro curso
(2013/2014), a segunda entrega do seu Mestrado
Universitario en EnxeñarÃa Informática (MUEI), unha achega
formativa que, entre outras cousas, permÃtenos ampliar, actualizar e
afianzar os coñecementos precisos para o noso desenvolvemento
profesional no eido das novas tecnoloxÃas da información. O
mestrado, cuxo prazo de inscrición está aberto e remata o vindeiro
8 de xullo ás 14.00 horas, ten apartado
web e máis wiki de
seu, co fin de fornecer de toda a información que se requira
sobre o mesmo.
En palabras do novo
decano da FIC, Luis Hervella, a actividade encamÃñase a asegurar ao
máximo as competencias para a profesión de enxeñeiro informático,
amais de formación avanzada, multidisciplinar e orientada á
especialización profesional. Entre outras cuestións concretas do
curso (cuxo prazo para matriculármonos está aberto entre o 20 e o
24 de xullo), este inclúe no seu programa formación sobre
planificación de sistemas de información, dirección de proxectos,
informática como servizo, deseño e aplicación de gráficos,
multimedia e sistemas de información, arquitecturas e plataformas
móbiles ou conceptos avanzados en intelixencia de negocio (business
intelligence).