A FIC organiza este xoves unha conferencia sobre operacións militares no ciberespazo
martes, 21 de novembro do 2023
O
Salón de Actos da Facultade de Informática da Universidade da
Coruña acollerá este xoves, dÃa 23 de novembro, ás 16:00 horas, a
conferencia Operacións no ciberespazo - Unha saÃda profesional
nas Forzas Armadas.
O
evento contará coa asistencia de Enrique Pérez de Tena, capitán de
fragata e responsábel de Cooperación, Relacións Internacionais e
Prensa do Mando Conxunto do Ciberespazo; o tenente coronel Celestino
Ramón; o tenente de navÃo Marcos Linazasoro; e o brigada Alberto J.
Prados; da área de recrutamento da Subdelegación de Defensa da
Coruña.
O
evento vai dirixido ás persoas egresadas no Grao de EnxeñarÃa
Informática, co obxectivo de que poidan contemplar novas saÃdas
profesionais no eido das operacións militares no ciberespazo.