A FIC entrega o premio ao mellor traballo de fin de carreira

venres, 3 de maio do 2019 Redacción

O pasado venres celebrouse na Facultade de Informática da UDC a entrega de recoñecementos do cuarto Premio ao Mellor Traballo de Fin de Carreira Aplicado da FIC. Na cita participaron os representantes da devandita facultade pero tamén das empresas patrocinadoras (Altia, Everis, Telecon, Vector ITC e La Voz de Galicia). A iniciativa busca recoñecer as mellores contribucións fin de grao do curso 2017/18, e consta dun premio de 1.500€ e de dous accésit de 500€. A gañadora do premio foi Elena Botana de Castro, polo proxecto Sistema de prevención de intrusións en redes Wireless baseadas en tecnoloxía Wi-Fi.
Os accésits foron dar a Manuel Daniel Gabín Brenlla (Plataforma distribuída de recomendación de moda) e Sergio Rodriguez Rama (Plataforma e aplicación iOS para publicidade localizada en exteriores e interiores).
Segundo lembran os organizadores e patrocinadores do galardón, trátase da cuarta edición do certame, cuxo obxectivo primordial é mostrar e salientar o talento e a adicación do alumnado a través da posta en valor dos mellores traballos de fin de grao definidos no curso académico polos estudantes con cualificación de Matrícula de Honra da FIC.

PUBLICIDADE