A Eyefi Mobi Pro transfire imaxes RAW ao ordenador por Wi-Fi

xoves, 12 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Para poder acceder ás fotografías da nosa cámara dixital sen ter que extraer a súa tarxeta de memoria e sen ter que empregar cables existen dende hai anos as populares tarxetas Eyefi, que empregan a conectividade Wi-Fi para facilitar as transmisións das imaxes, e que agora veñen de estrear o seu modelo máis avanzado, a Eyefi Mobi Pro, que presume de ser a tarxeta SD con Wi-Fi definitiva, xa que aparte de facilitar o acceso ás súas imaxes dende smartphones, tabletas e ordenadores, conta coa posibilidade de transferir as instantáneas almacenadas en RAW dende o ordenador, o que resulta moi práctico para fotógrafos profesionais. O software de Eyefi tamén inclúe a posibilidade de que a sincronización coa Mobi Pro sexa selectiva.
De todos os xeitos, as principais vantaxes deste tipo de tarxetas de memoria son as relativas a usos desligados do escritorio, como poder acceder ás instantáneas dende o smartphone, o que facilita a previsualización das imaxes, así como poder editalas e compartilas nas redes sociais.
As tarxetas Eyefi Mobi Pro tamén inclúe Eyefi Cloud, almacenamento na nube que facilita a sincronización de imaxes entre varios dispositivos e que coas novas tarxetas inclúe un ano de este servizo (valorado en 49,99 dólares) sen custo adicional.
As tarxetas Eyefi Mobi Pro de 32 GB de capacidade pode adquirirse por 99,99 dólares, sendo unha excelente opción para usuarios que carecen dunha cámara dixital sen conectividade Wi-Fi. Ao estarmos ante unhas tarxetas SDHC ultra-rápidas de clase 10 poden empregarse tanto para disparar fotografías como para gravar vídeo.

PUBLICIDADE