A Edición Day One da Xbox One poderá adquirirse co xogo Forza 5
xoves, 5 de setembro do 2013
Un dos anuncios estrela de Microsoft durante a Gamescom de
Colonia foi que en Europa os usuarios que
reservasen a Xbox One terÃan de balde o xogo FIFA 14, o que axuda a reducir a distancia de prezo entre a
nova consola de Microsoft e a de Sony, pero parece que esta promoción está a
gañar en diversidade, e en varias tendas en liña británicas como Amazon.co.uk
podemos ver xa que aparte da Xbox
One Edición Day One con FIFA 14
tamén está dispoñible un lote que inclúe o xogo Forza Motorsport 5, o que fará que os usuarios que non gusten dos
tÃtulos de fútbol teñan unha máis que interesante alternativa á hora de
reservar a súa nova consola antes de que saia á venda o 22 de novembro a un
prezo de 499 euros.
Con este tipo de promocións Microsoft buscarÃa conseguir un bo inicio no
mercado europeo, para o que ten que esforzarse porque neste xeración non xoga
coa grande vantaxe que tivo na anterior ao lanzar a Xbox 360 con moitos meses
de antelación con respecto da PlayStation 3.